SUBVENCIÓN DIGITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 – IG240 (2022)

Estas ayudas están destinadas a la realización de proyectos de digitalización que tengan por objeto la implantación de soluciones para el soporte digital de procesos de una empresa o para proyectos de interconexión digital entre varias empresas como pueden ser órdenes de fabricación distribuida, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial hacia las PYMES que conforman su cadena de valor.

En Softwhisper nos encargamos de hacer el análisis de tu producto y de elaborar la memoria de solicitud de la subvención.

FINALIDADE / OBXECTIVO

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

2. As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais descritos no artigo 5.1.b).

3. Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos descritos no artigo 5.1.a), os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007. A dita agrupación terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia. Deberase facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, nomearase un representante único da agrupación (en adiante o líder), único interlocutor coa administración ata a resolución de concesión. Unha vez concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da súa axuda. No caso de que o proxecto das pemes estea coordinado por un organismo intermedio, este non formará parte da agrupación.
No caso de que exista vinculación entre algunhas empresas da agrupación, as empresas vinculadas contarán coma unha única a efectos da avaliación do proxecto. Se todas elas estivesen vinculadas, avaliaríase o proxecto como varias solicitudes individuais.

4. Presentarase unha solicitude por cada tipo de proxecto dos definidos no artigo 5. No caso de que un proxecto conteña unha mestura de tipoloxías os solicitantes deberán clasificalo dentro dalgunha das tipoloxías definidas en función da que considere principal ou máis salientable. Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. As pemes poderán presentar un ou máis proxectos individuais e participar nunha ou máis agrupacións, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

5. Non poderán ter a condición de beneficiarios:
a) Segundo os artigos 1.3 e 13 do Regulamento (UE) 651/2014: empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura, ao sector da produción agrícola primaria, ao sector do aceiro, ao sector do carbón, ao sector da construción naval, ao sector das fibras sintéticas, ao sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
c) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
d) As empresas en crise. Utilizarase para esta comprobación a definición do artigo 2.18 do Regulamento Xeral de Exención (Regulamento CE 651/2014).
e) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

6. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no número 18 do artigo 2 do Regulamento 651/2014 para considerar unha empresa en crise.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

1.Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º) Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
2º) Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.

b) Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
2º Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e ciberseguridade.
3º Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares).

Ademais, os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:
• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menos de 50.000 €.
• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.
• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000€.

Os proxectos da modalidade a) terán preferencia sobre os da modalidade b). O Igape poderá reclasificar os proxectos entre modalidades e tipos no caso de que a clasificación proposta pola empresa non sexa correcta.

2. Os proxectos deberán estar finalizados para poder optar ao cobro da subvención. Enténdese que os proxectos están finalizados cando exista a capacidade de interconexión multiempresa de procesos no caso dos proxectos colectivos ou cando as interfaces poidan conectar á solicitante con outra ou outras empresas, ou ben os sistemas de dixitalización estean implantados e operativos, no caso de proxectos individuais, o que se acreditará na memoria de xustificación. Non se aprobarán proxectos que non propoñan chegar a resultados, como estudos de viabilidade ou deseño de solucións illadamente do seu desenvolvemento e implantación na empresa solicitante.

3. Os proxectos deberán ser técnica e economicamente viables para a empresa solicitante.

4. O importe subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 €.

CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO

Os criterios de valoración que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención e dentro de cada tipo de actuación subvencionable, serán os seguintes:

1º Calidade técnica do proxecto: ata 65 puntos, que se avaliarán con cada un dos seguintes parámetros:

i. Descrición do proxecto (15 puntos):
a. Grao de análise previa da situación: Descrición clara e concreta do problema ou a necesidade que se pretende abordar, tanto desde o punto de vista cualitativo como cuantitativo, con identificación tanto dos factores de incidencia (causas) como das consecuencias, así como as condicións de contorno (6 puntos).
b. Claridade na definición e obxectivos (6 puntos)
c. Grao de elaboración e concreción da proposta (3 puntos).

ii. Adecuación do proxecto (15 puntos):
a. Descrición de aspectos claves, actuacións e entregables (5 puntos).
b. Grao de axuste da solución proposta co modelo de negocio da empresa solicitante (2 puntos).
c. Correlación entre os obxectivos de dixitalización identificados no proxecto e os investimentos e gastos propostos (2 puntos).
d. Viabilidade técnica e económica, custe da solución e tempo de implementación, adecuación do orzamento e dos medios humanos (6 puntos).

iii. Tipo de solución e melloras esperadas: (15 puntos)
a. Estimación cualitativa e cuantitativa das melloras esperadas, que se avaliará en función da coherencia entre o proxecto e os resultados previstos. (5 puntos)
b. Xustificación do tipo de solución adoptado, valorándose positivamente aquelas que incidan tanto nas causas como nos efectos dos problemas identificados e priorizando os proxectos que se enfoquen na orixe dos problemas frente aos que aborden unicamente as súas consecuencias. (10 puntos)

iv. Coherencia na organización e planificación do traballo (5 puntos).
v. Grao de madurez, nivel tecnolóxico e amplitude da solución proposta (10 puntos):

a. Valoraranse con maior puntuación os proxectos baseados en tecnoloxía máis avanzada, que afecten a maior cantidade de ámbitos da empresa, a ámbitos máis relevantes, ou desenvolvan con intensidade salientable un ámbito concreto.(8 puntos)
b. Valoraranse con maior puntuación os proxectos que están listos para iniciar unha fase de prototipo ou piloto frente aos que requiren desenvolvemento previo.(2 puntos)

vi. Proxectos das modalidades dos artigos 5.1.b).1º e 5.1.b).2º, con importe subvencionable superior a 50.000 € e que sexan coordinados por un hub de innovación dixital dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID: (5 puntos)

2º. Adecuación dos investimentos e capacidade económica (10 puntos):
i. Identificación de partidas, desagregación dos orzamentos (2 puntos)
ii. Calidade de ofertas e provedores (4 puntos):
• Alcance das ofertas.
• Documentación empregada para solicitar a oferta ou adxunta a esta.

iii. Viabilidade do proxecto fronte ao volume da empresa: ratio de investimento fronte a facturación declarada (4 puntos).

3º Alcance do proxecto: ata 15 puntos, que se avaliarán do seguinte xeito:
i. Número de empresas beneficiarias do proxecto: 1 punto por empresa ata un máximo de 5 puntos (para proxectos individuais: 1 punto).
ii. Nivel de interacción dos procesos entre empresas: ata 3 puntos, que se asignarán en función da cantidade e importancia de procesos interempresariais aos que se apliquen os obxectivos previstos. Nos proxectos individuais outorgarase 1 punto.
iii. Diversidade, en canto á posición na cadea de valor sectorial, dos participantes da interacción entre empresas proposta: ata 6 puntos que se avaliarán asignando un máximo de 2 puntos por cada posición diferente na cadea de valor de cada empresa que se interconecta –sexa ou non beneficiaria da axuda–, en función da importancia da súa participación no proxecto.
Na avaliación deste criterio as empresas vinculadas entre si contarán como unha única.
iv. Efecto multiplicador do proxecto, é dicir, a capacidade de ser replicado e escalado: 1 punto

4º Sector ou ámbito de actividade no que se desenvolva o proxecto: 10 puntos, que se outorgarán a proxectos onde a maioría das empresas que participen pertenzan a sectores prioritarios definidos na Axenda de Competitividade:
i. Estratéxicos: Agroalimentación, Automoción, Enerxías Renovables, Madeira/Forestal, Naval/Industria marítima, Pedra Natural, Téxtil-moda.
ii. Emerxentes e de alto potencial: Aeronáutico/aeroespacial, Industria da saúde e do benestar, Industrias creativas, Biotecnoloxía, Novos materiais, Ecoindustria, TIC.

En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, utilizarase como criterio de desempate o de maior puntuación sucesivamente nos criterios 1º, 2º, 3º e 4º por esa orde. Se aínda así seguise existindo empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no art. 7 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, decidirase a favor do proxecto no que a maioría das empresas participantes teñan implantado un plan de igualdade, identificado no formulario electrónico de solicitude polo seu localizador no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo, de acordo co establecido no artigo 11 do Real Decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro. No caso de que persista o empate, en último termo terá preferencia a solicitude que teña o número de expediente máis baixo.

Os proxectos deberán acadar as seguintes puntuacións mínimas para poder optar á concesión da axuda en réxime de concorrencia competitiva:
Tipoloxías dos artigos 5.1.a e 5.1.b.1º: 50 puntos.
Tipoloxías dos artigos 5.1.b.2º e 5.1.b.3º: 30 puntos.

INVESTIMENTOS OU GASTOS COMPUTABLES

1. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:

a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina agás elementos informáticos.

b) Colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultaría e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

c) Nos proxectos da modalidade do artigo 5.1.a, se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes en concepto de gastos de coordinación do proxecto. Ese importe considerarase gasto subvencionable de colaboracións externas e dividirase entre todas as pemes participantes.

d) Nos proxectos das modalidades dos artigos 5.1.b.1 e 5.1.b.2, con importe subvencionable superior a 50.000 euros e que sexan coordinados por un Hub de Innovación Dixital dos seleccionados ao abeiro da Estratexia Galega de HID, 5.000 euros en concepto desta coordinación.

Os investimentos e gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de seres así, o proxecto desa peme sería non subvencionable. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, determinados traballos preparatorios, como a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.

Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e entenderase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos apartados 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables superen as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. Neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal.

O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto.

. No caso de investimento en activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.

En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos ou os gastos subvencionables poderán ser superiores ao valor de mercado.

CONTÍA DAS AXUDAS

1.A subvención será do 35% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas.

A subvención será do 50% dos gastos de colaboracións externas subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos do organismo intermedio previstos no art. 7.2.d) e 7.2.e), de existiren, terán a consideración de colaboracións externas.

2. Estes límites de axuda establécense segundo o disposto nos artigos 14 e 18 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño), así como ao establecido na Comunicación da Comisión relativa ás Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional (2021/C 153/01), publicada no DOUE do 29 de abril de 2021.

3. As axudas están cofinanciadas no marco do PO Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80%, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20% restante. En particular: Obxectivo temático 03; Prioridade de investimento 03.04; Obxectivo específico 03.04.01; Actuación 3.4.1.3; Campo de intervención CE001 e Liña de actuación 07.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 8 de setembro de 2022.
Poderá presentarse desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización.

INCOMPATIBILIDADES

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere as porcentaxes máximas establecidas neste artigo. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do mencionado Regulamento (UE) 1303/2013, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, con arranxo ao documento en que se establezan as condicións da axuda.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado.

REFERENCIA LEXISLATIVA

Resolución do 18 de xullo de 2022 (DOG Nº144 do 29/07/2022) – Bases reguladoras e convocatoria
Guión memoria do proxecto

INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN

* Tramitación:

1. Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I)

3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter mención explícita aos criterios de selección aplicables.
b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido nos artigos 3.3 e 7.6 destas bases reguladoras.
c) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
d) Se é o caso, o documento de constitución da agrupación segundo o establecido no artigo 6.

OBSERVACIÓNS

O prazo de execución dos proxectos de dixitalización das empresas (IG240) non poderá superar o 30 de maio de 2023.
Os beneficiarios das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 30 de outubro de 2022 para os proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de outubro de 2022 ou anterior, e como máis tarde o 30 de maio de 2023 no resto dos proxectos. Os gastos realizados entre o 31 de outubro de 2022 e o 31 de decembro de 2022 poderán ser imputados ao 2023.
Os beneficiarios da axuda poderán solicitar un anticipo de ata o 50% da subvención, sen que supere o importe da anualidade, no prazo de 3 meses a contar dende a concesión da axuda. Os importes anticipados na anualidade 2022 deben xustificarse con gastos realizados e pagados na mesma anualidade.

Consulta aquí más detalles de la IG240 (2022).